Tutorizar a Formación Dual: deseño, acompañamento e avaliación en entornos compartidos
A formación dual constitúe unha modalidade formativa de crecente implantación no sistema educativo español, tanto no ámbito universitario como na Formación Profesional, caracterizada pola alternancia e integración da aprendizaxe entre o centro educativo e a entidade colaboradora. Este modelo presenta un alto potencial para o desenvolvemento de competencias profesionais, a implicación activa do estudantado no seu proceso formativo e a mellora da inserción laboral, mais require dunha organización complexa e dunha coordinación efectiva entre os distintos axentes implicados.
Neste contexto, a figura do titor ou titora tanto académica como da entidade colaboradora convértese nun elemento clave para garantir a calidade dos procesos de aprendizaxe, o acompañamento do estudantado e a coherencia entre os obxectivos formativos e as experiencias desenvolvidas no ámbito profesional. Porén, esta función titorial esixe competencias específicas en planificación, comunicación, avaliación formativa, seguimento competencial e coordinación interinstitucional que, na práctica, non sempre foron obxecto dunha formación sistemática nin no ámbito educativo nin no empresarial.
A microcredencial Tutorizar a Formación Dual: deseño, acompañamento e avaliación en contornos compartidos responde a esta necesidade, ofrecendo unha formación específica e aplicada dirixida a profesorado, titores/as de empresa e outros profesionais implicados en programas de formación dual. A proposta combina unha aproximación pedagóxica básica ao modelo dual coa achega de ferramentas concretas para o deseño de plans de acollida, o acompañamento do estudantado, o seguimento das estancias formativas e a avaliación das aprendizaxes desde un enfoque competencial.
Un elemento diferenciador desta microcredencial é a incorporación de estratexias e ferramentas dixitais que facilitan a coordinación entre os contextos académico e profesional, tales como o uso de portafolios, rúbricas electrónicas e sistemas de seguimento apoiados na tecnoloxía. Estas ferramentas permiten mellorar a comunicación entre os axentes implicados, favorecer a reflexión sobre a práctica e garantir procesos de avaliación máis coherentes, transparentes e compartidos.
A estrutura breve, flexible e orientada á aplicación práctica desta microcredencial facilita a súa integración na actividade profesional das persoas participantes, promovendo unha mellora inmediata das prácticas de titorización en programas de formación dual e contribuíndo á consolidación deste modelo formativo desde criterios de calidade, coherencia pedagóxica e innovación educativa
Coñecer os condicionantes legais e os elementos clave dun programa de formación dual así como o papel que desempeñan os distintos axentes implicados (centro educativo, empresa/institución, titoría académica e titoría na entidade colaboradora). Analizar as funcións, responsabilidades e condicións da titoría en contextos duais, identificando necesidades de coordinación interinstitucional. Deseñar un plan básico de acollida e de seguimento do estudantado na entidade colaboradora, articulado co proxecto formativo. Seleccionar e empregar instrumentos de avaliación formativa (rexistros de seguimento, rúbricas e portafolios electrónicos, …) axeitados ao desenvolvemento de competencias profesionais en formación dual. Elaborar un proxecto formativo en alternancia que integre, entre outros, obxectivos e competencias, actividades, momentos de titoría e criterios de avaliación.
Esta microcredencial está dirixida a persoas interesadas en adquirir ou mellorar competencias para a titorización, coordinación e acompañamento de programas de formación dual e prácticas en alternancia entre a institución educativa e a entidade colaboradora. En particular, está orientada a: Titores e titoras de empresas ou entidades colaboradoras que participan en programas de formación dual ou en prácticas formativas en alternancia. Profesorado e persoal de centros educativos implicados na planificación, coordinación e seguimento de proxectos de formación dual, tanto no ámbito da Formación Profesional como no ámbito universitario. Profesionais interesados en iniciar ou mellorar a súa participación como axentes titoriais en programas de formación en alternancia, incluíndo funcións de acompañamento, orientación e avaliación do alumnado. Equipos directivos e persoal con responsabilidades de xestión educativa interesados en implementar, consolidar ou mellorar programas de formación dual desde unha perspectiva pedagóxica e organizativa.
A persoa egresada desta microcredencial disporá das capacidades, coñecementos e habilidades necesarias para exercer funcións de titoría, acompañamento e coordinación en programas de formación dual e prácticas en alternancia entre o centro educativo e a entidade colaboradora. Estará capacitada para comprender o modelo de formación dual desde unha perspectiva pedagóxica, organizativa e normativa, así como para situar o seu labor titorial como eixo vertebrador do proceso formativo do estudantado. A persoa egresada será quen de planificar e organizar itinerarios formativos duais adaptados ao contexto específico da empresa ou institución, deseñar plans de acollida e de seguimento do estudantado e acompañar os procesos de aprendizaxe en contornos profesionais reais, favorecendo a integración progresiva do alumnado e a reflexión sobre a experiencia formativa. Así mesmo, contará con competencias para establecer canles eficaces de comunicación e coordinación entre o centro educativo e a entidade colaboradora, promovendo unha visión compartida da aprendizaxe e garantindo a coherencia entre os obxectivos formativos, as actividades desenvolvidas e os procesos de avaliación. A persoa egresada poderá empregar instrumentos de avaliación coherentes cun enfoque competencial e formativo, tales como rexistros de seguimento, rúbricas e portafolios electrónicos ou outras ferramentas de apoio á titorización. Este perfil de egreso capacita para desempeñar funcións como titor/a académico/a, titor/a de empresa ou entidade colaboradora, coordinador/a de programas de formación dual, responsable de seguimento de prácticas en alternancia ou membro de equipos directivos e técnicos implicados na implantación, xestión e mellora de programas formativos duais, contribuíndo á calidade, á coherencia pedagóxica e á sustentabilidade deste modelo formativo.
- CE1 Planificar e organizar itinerarios formativos duais, adaptándoos ao contexto específico dunha empresa ou institución.
- CE2 Acompañar ao estudantado en prácticas duais, facilitando a súa integración, observando o seu progreso e promovendo a reflexión sobre a experiencia vivida.
- CE3 Establecer canles de comunicación e coordinación entre a institución educativa e a entidade colaboradora, favorecendo unha visión compartida do proceso de aprendizaxe.
- CE4 Empregar ferramentas de avaliación coherentes cun enfoque competencial e co carácter formativo das prácticas
- CE5 Revisar a propia actuación titorial e propoñer melloras desde unha perspectiva ética e reflexiva.
- CT1 Empatía e comunicación interpersoal.
- CT2 Colaboración e traballo en equipo
- CT3 Habilidades de comunicación
- CT4 Competencia dixital
Título de acceso preferente (ver apartado 1.5) 40% Experiencia laboral previa 40% Formación de posgrao específica 20%
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200827 | Módulo I. Marco legislativo y pedagógico de la formación dual | Obligatoria | 1.00 |
| 200828 | Módulo II. Diseño del acompañamiento y la evaluación en la formación dual | Obligatoria | 1.00 |
Exercicio de análise do propio contexto de formación dual e do rol titorial (Módulo I) 10%. Diseño de un esquema de plan de acogida y de seguimiento del estudiante en la entidad colaboradora (Módulo II) 10%. Elaboración final de un proyecto formativo dual (producto integrador) 80%. Para obter o título será necesario asistir ao 85% das horas lectivas.
Microcredencial en ” Tutorizar a Formación Dual: deseño, acompañamento e avaliación en entornos compartidos”
Para obter o título será necesario asistir ao 85% das horas lectivas, así como superar todas as tarefas coa cualificación de apto/a.