ESTUDOS / Títulos propios

Interpretación simultánea profesional I (Interpretación directa)

Interpretación simultánea profesional I (Interpretación directa)
Microcredencial
Ámbito: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüística
Área de interés principal: Arte e humanidades
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1319/1
Inicio e fin
Calendar 01/10/2026 - 27/11/2026
Modalidade
Modalidade Virtual síncrona
Créditos ECTS
ECTS 5
Plazas
22
Preinscrición pechada
01/06/2026 - 06/09/2026
Matrícula
07/09/2026 - 18/09/2026
Descripción

Trátase do primeiro título en Interpretación Simultánea Profesional, emitido por unha universidade pública, que conta con lingua B (portugués).
A formación online (en modalidade síncrona) ofrece ao alumnado a posibilidade de cursar o título en todo o espazo europeo de educación superior e faino compatible coa docencia impartida no grao en Tradución e Interpretación da universidade de Vigo.
Está deseñado para formar profesionais cualificados no eido da interpretación simultánea, unha habilidade esencial en contextos internacionais, conferencias, e reunións multilingües. Este título ofrece unha formación integral que combina técnicas avanzadas de interpretación e o uso de ferramentas tecnolóxicas especializadas. A través dun enfoque práctico, o estudantado adquirirá competencias para mediar eficazmente en diversos contextos culturais e profesionais, potenciando a súa carreira no mundo da tradución e interpretación.
A formación será impartida por docentes de recoñecido prestixio para que o alumnado acade as destrezas que o capaciten para a práctica profesional da interpretación simultánea.
Aínda que non é obrigatorio presentar os xustificantes no nivel B2 das linguas estranxeiras, si é recomendable que o alumnado teña este nivel nestas linguas.
Esta microcredencial forma parte do bloque optativo do programa de “Experto Universitario en Interpretación Simultánea Profesional”.

Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente
Modalidade
Docencia presencial
Check
50 h
Docencia virtual síncrona
Check
0 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Campus virtual da Universidade de Vigo / Plataforma Moovi
Horario
Ver proposta.1,2,8,9,15,16,22,23 outubro 17h a 20h e 29 17h a 18h; 30 outubro, 5,6,12,13,19,20,26 novembro 17h a 20h e 27 17h a 18h.
Prezo
Prezo xeral
470,00 €
Alumni Uvigo
423,00 €
Comunidade Uvigo
399,50 €
Persoas desempregadas
399,50 €
Personas discapacitadas
399,50 €

Adquirir os coñecementos e as competencias específicas necesarias para desenvolver adecuadamente o labor de intérprete de simultánea. Adquirir os coñecementos e as competencias específicas necesarias para desenvolver adecuadamente os labores de revisión e control de calidade das interpretacións realizadas. Adquirir os coñecementos e as competencias específicas necesarias para desenvolver adecuadamente os labores de interpretación especializada en congresos internacionais. Adquirir os coñecementos e as competencias transversais necesarias para traballar con diferentes culturas e afrontar adecuadamente todas as complexidades lingüísticas do ámbito da interpretación de conferencias.

Titulacións universitarias: Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao. Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES. Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e a autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante. O devandito informe e a autorización non terán, en todo caso, efecto sobre posibles homologacións das titulacións presentadas polas persoas candidatas. Estudantado universitario: Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES. Profesionais: Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente.

O alumnado será capaz de interpretar discursos de especialidade en congresos internacionais, ao igual que saberá documentarse en calquera ámbito de especialización. As persoas egresadas do título destacarán por un perfil profesional polivalente e adaptado ás demandas dun mundo globalizado. Terán a capacidade de realizar interpretación simultánea con precisión, fluidez e naturalidade en contextos diversos, como conferencias, reunións institucionais, eventos culturais ou xurídicos, mantendo sempre a fidelidade á mensaxe e adaptándose ao rexistro, estilo e intención do emisor. Contarán cun dominio avanzado de dúas linguas de traballo e cunha comprensión profunda das súas particularidades culturais, o que lles permitirá actuar como mediadores/as efectivos/as entre distintas comunidades lingüísticas, con especial sensibilidade intercultural. Ademais, estarán capacitados/as para utilizar ferramentas dixitais e tecnoloxías específicas da interpretación, como cabinas virtuais, software de apoio ou plataformas de interpretación remota. Destacarán polas súas habilidades cognitivas e persoais, como a alta capacidade de concentración, xestión do estrés, pensamento analítico e memoria selectiva, necesarias para procesar e transmitir mensaxes de forma eficiente en situacións de alta presión. O seu traballo estará guiado polos principios éticos da profesión, como a confidencialidade, a imparcialidade e o respecto ao interlocutor. Estarán preparados/as para desenvolver unha carreira profesional no eido global, en organismos internacionais, empresas multinacionais, eventos culturais, e para traballar en modalidades remotas ou híbridas.

  • CE1 Posuír coñecementos nunha área de estudo que parte da base da formación previa nunha titulación de ámbito lingüístico
  • CE2 Capacidade para aplicar os coñecementos de xeito profesional, así como posuír as competencias adecuadas para a defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do ámbito de estudo
  • CE3 Capacidade para a recompilación e correcta interpretación de datos relevantes para o ámbito de estudo, ao igual que capacidade para reflexionar sobre eles e valoralos
  • CE4 Capacidade para tomar decisións
  • CE5 Capacidade para traballar en equipo
  • CE6 Capacidade para xestionar o tempo e o traballo
  • CE7 Capacidade para resolver conflitos e ofrecer solucións
  • CE8 Capacidade para xestionar as emocións
  • CE9 Capacidade para afrontar problemáticas habituais do ámbito

  • CT1 Capacidade de organización e xestión de proxectos
  • CT2 Capacidade para solucionar problemáticas culturais transversais
  • CT3 Capacidade analítica e resolución de problemas
  • CT4 Capacidade de adaptación a cada situación

Orde de preinscrición

No primeiro módulo, o alumnado terá que cursar 2.5 créditos de interpretación simultánea inglés-español/galego. No segundo módulo, o alumnado terá que optar por unha segunda lingua B (francés ou portugués) e cursar 2.5 créditos de interpretación simultánea francés-español/galego ou portugués-español/galego.

ID Nome Carácter Creditos
200838 Interpretación Simultánea Inglés-Español/Gallego Obligatoria 2.50
200839 Interpretación Simultánea Francés-Español/Gallego Optativa 2.50
200840 Interpretación Simultánea Portugués-Español/Gallego Optativa 2.50

Proba de interpretación simultánea o último día de docencia

Microcredencial en ” Interpretación simultánea profesional I (Interpretación directa)”

O alumnado terá que interpretar un texto en simultánea Horas prácticas síncronas: 50 horas