ESTUDOS / Títulos propios

Enoturismo e eventos vitivinícolas: deseño e xestión de experiencias do viño

Enoturismo e eventos vitivinícolas: deseño e xestión de experiencias do viño
Microcredencial
Ámbito: Ciencias agrarias e tecnoloxía dos alimentos
Área de interés principal: Ciencias
Área secundaria de interés: Transversal
Código: 1324/1
Inicio e fin
Calendar 11/01/2027 - 09/03/2027
Modalidade
Modalidade Presencial
Créditos ECTS
ECTS 6
Plazas
30
Preinscrición pechada
21/07/2026 - 30/09/2026
Matrícula
11/01/2027 - 09/03/2027
Descripción

A Microcredencial Universitaria en Enoturismo e Eventos Vitivinícolas: Deseño e Xestión de Experiencias do Viño nace para dar resposta á crecente demanda de profesionais capaces de crear, comunicar e xestionar experiencias vinculadas ao turismo do viño. Nun contexto no que os visitantes buscan experiencias auténticas que integren viño, gastronomía, paisaxe, cultura e patrimonio, o sector precisa perfís especializados que combinen coñecementos en viticultura, enoloxía e cultura do viño con competencias en atención ao cliente, marketing, hospitalidade e deseño de produtos turísticos. Galicia, grazas ao prestixio dos seus viños e á singularidade dos seus territorios vitivinícolas, presenta unha oportunidade extraordinaria para consolidarse como destino enoturístico de referencia.
Esta formación, desenvolvida conxuntamente pola Universidade de Vigo e Galicia Wine Academy, ofrece unha visión integral e práctica do enoturismo, combinando coñecementos técnicos sobre o viño co estudo das mellores prácticas na creación e xestión de experiencias turísticas. O programa está dirixido a profesionais de adegas, restaurantes, hoteis, empresas de actividades turísticas, organismos de promoción de destinos e emprendedores do sector, proporcionando as ferramentas necesarias para mellorar a competitividade das súas organizacións e contribuír ao desenvolvemento sostible dos territorios vitivinícolas.

Coordinador: Andrés Mazaira Castro
Teléfono de contacto: 986130304
Email de contacto: amazaira@uvigo.gal
Email administración: cpfp@uvigo.gal
Entidad organizadora: Centro de Posgrado y Formación Permanente Colaboradores:

Galicia Wine Academy

Modalidade
Docencia presencial
Check
10 h
Docencia virtual síncrona
Check
42 h
Docencia virtual asíncrona
Check
0 h
Prácticas en empresa
Check
0 h
Lugar de impartición
Galicia Wine Academy (Ribeira do Berbés 29, Baixo. 36202 Vigo)
Horario
Luns e martes de cada semana, en horario de 16:00 a 19:00 (A sesión do 09/03/2027 terá unha duración reducida para completar un total de 52 horas síncronas de docencia
Prezo
Prezo xeral
564,00 €
Alumni Uvigo
507,60 €
Comunidade Uvigo
479,40 €
Persoas desempregadas
479,40 €
Personas discapacitadas
479,40 €
Bolsa Santander Open Academy
0,00 €
Observación dos prezos

Bolsas Santander Open Academy

Esta microcredencial, está inscrita no Programa “Becas Santander – Microcredenciales”, e poderás acceder a unha das bolsas de 300 euros dispoñibles para esta edición.
A convocatoria de bolsas será xestionada pola Universidade de Vigo.
Enlace directo inscrición: Santander Open Academy

A microcredencial universitaria en Enoturismo e eventos vitivinícolas: deseño e xestión de experiencias do viño, ten como obxectivo formar profesionais capaces de deseñar, xestionar e comunicar experiencias enoturísticas de calidade, integrando coñecementos sobre o viño, a hospitalidade, o marketing e a atención ao visitante. De maneira específica, o programa pretende:

  • Comprender os fundamentos da viticultura, a enoloxía e a cultura do viño.
  • Coñecer os principais territorios vitivinícolas e o seu potencial turístico.
  • Aplicar técnicas profesionais de cata, servizo e comunicación do viño.
  • Deseñar eventos e experiencias enoturísticas adaptadas ás necesidades dos diferentes perfís de visitantes.
  • Utilizar ferramentas de marketing, comunicación e storytelling para promocionar produtos, eventos e destinos enoturísticos.
  • Contribuír á profesionalización do sector e á valorización dos territorios vitivinícolas.

Esta microcredencial está dirixida a profesionais de adegas, establecementos hostaleiros, restaurantes, xestión de eventos, hoteis, guías turísticos, empresas de turismo, axencias de viaxes, entidades de promoción turística e demais organizacións vinculadas ao sector vitivinícola e turístico. Tamén está orientada a emprendedores, titulados universitarios, estudantes e persoas interesadas en desenvolver a súa actividade profesional no ámbito dos eventos vitivinícolas e o enoturismo. Non se require formación universitaria previa nin coñecementos específicos sobre viño ou turismo para acceder ao programa, aínda que se recomenda interese polo sector e vinculación profesional ou persoal co turismo, a hostalaría, a gastronomía ou o viño.

Castelán

Ao finalizar a microcredencial, o alumnado terá os coñecementos, habilidades e competencias necesarias para participar no deseño, xestión, promoción e comercialización de eventos vitivinícolas e experiencias enoturísticas. Será capaz de comunicar a cultura do viño a diferentes públicos, prestar un servizo profesional orientado ao visitante e contribuír á creación de produtos turísticos vinculados ao viño, a gastronomía e o territorio.
Esta formación facilitará o desenvolvemento profesional en adegas, empresas de enoturismo,
hoteis, restaurantes, empresas de xestión de eventos, axencias de viaxes, entidades de promoción turística, empresas de actividades e lecer, así como en proxectos de emprendemento relacionados
coa xestión de eventos e o turismo do viño.

  • CE1 Deseñar experiencias para os clientes.

    CE2 Xestionar actividades de agroturismo.

    CE3 Desenrolar produtos turísticos.

    CE4 Guiar a visitantes especiais.

    CE5 Organizar catas de viños.

  • CT1 Traballar en equipo.

    CT2 Comunicarse coa clientela.

    CT3 Orientarse á clientela.

    CT4 Procurar a innovación nas prácticas actuais.

    CT5 Planificar actividades.

Documentación requirida

  1. Documento de identificación

    2) CV

Experiencia profesional en adegas, hostalaría, turismo, restauración ou actividades vinculadas ao sector do viño: 40%

  • Motivación e interese na aplicación dos coñecementos ao desenvolvemento profesional: 30%
  • Formación previa relacionada co turismo, a hostalaría, a gastronomía, o marketing ou o viño: 20%
  • Participación en proxectos, iniciativas ou actividades vinculadas ao enoturismo: 10%

*Lembra que para acceder a unha das bolsas de 300 euros deberás inscribirte no Programa “Becas Santander – Microcredenciales” a través da ferramenta do Santander na plataforma www.santanderopenacademy.com

  • Viticultura: a vide, o terroir, manexo do viñedo e vendima
  • Enoloxía: procesos produtivos na adega e estilos produtivos
  • Servizo do viño, conservación, deseño da carta de viño e construción de maridaxes
  • Atención ao cliente
  • Comunicación do viño
  • Deseño de experiencias enoturísticas
  • A técnica de cata. Galicia: DO’s e IXP’s
  • España: viños e rexións
  • Europa: viños e rexións
  • Novo Mundo: viños e rexións
  • Prácticas presenciais. Cata de viños.
  • Proxecto final: deseño de experiencia enoturística en Galicia

ID Nome Carácter Creditos
200861 Enoturismo y Eventos Vitivinícolas: Diseño y Gestión de Experiencias del Vino Obligatoria 6.00

A avaliación da microcredencial realizarase mediante a elaboración e presentación dun proxecto final individual, consistente no deseño dunha experiencia enoturística desenvolvida nun territorio vitivinícola de Galicia. O obxectivo será demostrar a capacidade do alumnado para integrar os coñecementos adquiridos ao longo do programa en relación co viño, o territorio, a atención ao visitante, a comunicación e a comercialización turística.

Microcredencial Universitaria en Enoturismo e Eventos Vitivinícolas: Deseño e Xestión de
Experiencias do Viño

  • Daniel Arenas Lago
  • Andrés Mazaira Castro
  • Nuno André Pinto de Sousa
  • David Pascual Rodríguez
  • Olga Verde Viéitez
  • Pablo González Juncal
  • Jorge Vila Fernández
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.