Para o emprego e a vida autónoma – EMAU
O programa EMAU (Emprego e Vida Autónoma) é unha iniciativa coordinada pola Universidade de Vigo e desenvolvida no marco do programa Unidiversidad da Fundación ONCE.
O seu obxectivo é ofrecer unha formación universitaria adaptada a mozas e mozos con discapacidade intelectual, do desenvolvemento e/o do espectro autista, co fin de mellorar as súas competencias persoais, sociais e laborais, e favorecer a súa empregabilidade e autonomía.
Ligazón do vídeo realizado nun obradoiro da primeira edición do Programa universitario para o emprego e a vida autónoma.
Xunta de Galicia
Fundación ONCE
Unión Europea
Down Ourense
De luns a venres entre as 9.30 e as 13.30 horas de acordo co calendario académico da Universidade de Vigo.
A matrícula estará subvencionada na súa totalidade.
- Fomentar a inclusión universitaria das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
- Desenvolver competencias transversais que faciliten a súa autonomía e participación social.
- Mellorar a empregabilidade mediante a formación práctica e o contacto coa contorna laboral real.
- Promover a igualdade de oportunidades e a accesibilidade na educación superior.
O programa está dirixido a mozos menores de 30 anos con discapacidade intelectual, do desenvolvemento e/o do espectro autista, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que desexen ampliar a súa formación e adquirir habilidades para a vida independente e o acceso ao emprego.
O programa formativo do título EMAU proposto estrutúrase en 6 módulos que abordan, de forma
integral, as competencias persoais, comunicativas, profesionais e sociais necesarias para a inclusión educativa, laboral e social de persoas novas con discapacidade intelectual.
Cada módulo engloba distintas materias, deseñadas segundo o modelo de Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA), que garanten o acceso, a participación e a aprendizaxe significativa do estudantado.
O MÓDULO 6: ITINERARIOS FORMATIVOS está composto por 12 materias optativas, 6 por cada
itinerario.
As principais saídas profesionais por itinerario son as seguintes:
ITINERARIO Tarefas Administrativas Básicas:
Asistente de oficina: encárgase da xestión da correspondencia, o arquivo e a xestión da
axenda.
Recepcionista: realiza tarefas de atención ao cliente, xestión de chamadas e organización da axenda.
Operador de telefonía: atende as chamadas telefónicas e xestiona a comunicación con
clientes e provedores.
Asistente de ficheiros: realiza tarefas de clasificación, organización e mantemento de
ficheiros.
Xestor de datos: introduce e verifica os datos nos sistemas informáticos.
Persoal de atención ao cliente: atende aos clientes, resolve consultas e xestiona queixas.
Auxiliar de loxística: apoia a xestión da loxística da empresa, como a recepción e envío de mercadorías.
Persoal administrativo de apoio nas administracións públicas: realiza tarefas administrativas
básicas en entidades públicas, como concellos, deputacións e comunidades autónomas.
Persoal administrativo en centros médicos: apoia na xestión de citas, rexistros e
documentación de pacientes.
ITINERARIO Tarefas de apoio ao Turismo:
Funcións de atención ao público en distintos ámbitos do sector turístico: museos, hoteis,
parques temáticos, oficinas de turismo, e moitos outros máis.
Asesorar ao seu público sobre as actividades dispoñibles que como turista poden realizar,
así como indicarlles monumentos, enclaves ou eventos de interese.
Transmitir a información de forma amable, clara e pausada e ter sempre en conta que tipo
de turista está a atender, cales son os seus intereses e cales as súas necesidades.
Ter unha boa formación cultural para transmitila adecuadamente ao turista.
Proporcionar soporte administrativo
Axudar na xestión de eventos culturais e turísticos:
o preparación do espazo,
o montaxe e desmontaxe de mobiliario e decoración
o recepción de participantes
Competencia dixital: mediante o uso das aplicacións ofimáticas básicas.
Habilidades de comunicación lingüística: mellora da expresión oral e escrita, da
comprensión lectora e da interacción en diferentes contextos (incluso en inglés).
Competencia de empregabilidade: habilidades, coñecementos, actitudes e
comportamentos que lle permiten ás persoas atopar e manter un emprego,
adaptándose ás necesidades do mercado laboral.
Habilidades emprendedoras, autoemprego e iniciativa: con contidos sobre xestión
empresarial, finanzas persoais e actitude proactiva cara ao emprego.
Efectuar o tratamento relativo aos procedementos administrativos propios á
actividade empresarial ou pública.
Coñecer o funcionamento da empresa/administración pública.
Considerar a importancia dunha correcta ética profesional e persoal para o
funcionamento da organización.
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
- Documento de identificación
- Certificado de discapacidade
- Inscrición no Sistema de Garantía Xuvenil
- Outros títulos académicos: ESO, Formación básica FP ou superiores
- Carta de valoración do departamento de orientación do centro de orixe
A Comisión Académica do título, tras unha avaliación psicopedagóxica, valorará a idoneidade das persoas solicitantes e decidirá a selección do estudantado participante no programa. Así mesmo, na selección terase en conta un equilibrio entre homes e mulleres, asegurando o acceso igualitario ao programa de homes e mulleres para seguir avanzando no 5 Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Trátase dunha formación interdisciplinar para a mellora da empregabilidade, as competencias sociolaborais e favorecer a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual. Ademáis do equipo docente da Uvigo, o título conta con persoal técnico que realizan apoios activos dentro da aula, actuando como especialistas en pedagoxía terapéuticaconvocatoria correspondente
| ID | Nome | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200863 | Competencias para la vida autónoma y el desarrollo profesional | Optativa | 1.25 |
| 200864 | Competencias digitales I | Optativa | 1.25 |
| 200865 | Competencias digitales II | Optativa | 1.25 |
| 200866 | Autoconocimiento y habilidades emocionales | Optativa | 1.25 |
| 200867 | Comunicación | Optativa | 1.25 |
| 200868 | Inglés | Optativa | 1.25 |
| 200869 | Lectura fácil y validación de textos | Optativa | 1.25 |
| 200870 | Gestión empresarial | Optativa | 1.25 |
| 200871 | Contabilidad | Optativa | 1.25 |
| 200872 | Derecho de las personas con discapacidad ante las Administraciones Públicas | Optativa | 1.25 |
| 200873 | Prevención de riesgos laborales | Optativa | 1.25 |
| 200874 | Bienestar y salud laboral | Optativa | 1.25 |
| 200875 | Orientación laboral | Optativa | 1.00 |
| 200876 | Tutorías | Optativa | 2.50 |
| 200877 | Prácticas en empresas | Optativa | 4.00 |
| 200878 | Emprendimiento | Optativa | 2.00 |
| 200879 | Atención al cliente y ventas | Optativa | 1.00 |
| 200880 | Documentación y archivos | Optativa | 1.00 |
| 200881 | Protocolo | Optativa | 1.25 |
| 200882 | Derecho laboral | Optativa | 0.75 |
| 200883 | Finanzas | Optativa | 1.00 |
| 200884 | Emprendimiento en el sector turístico | Optativa | 1.25 |
| 200885 | Historia y conservación del patrimonio histórico | Optativa | 1.25 |
| 200886 | Patrimonio natural y turismo sostenible | Optativa | 1.25 |
| 200887 | Turismo termal | Optativa | 1.25 |
| 200888 | Gestión de la restauración y del alojamiento turístico | Optativa | 1.75 |
Os contidos de cada materia avaliaranse mediante unha proba escrita ou presentación de traballos.
Probas de avaliación spresenciais no segundo cuadrimestre.
– 1º cuadrimestre: do 18 ao 22 de xaneiro
– 2º cuadrimestre: do 17 ao 21 de maio
Formación Superior Universitaria para o Emprego e a Vida Autónoma
- Vaquero García, Alberto
- Martínez Insua, Ana Elina
- Rivo López, Elena
- Luis Vázquez, Iván
- Lareo Jiménez, Jacinto
- Delgado Parada, Joseba
- Alonso Carracedo, Manuel
- Fernandez Duran, Maria Belen
- Pariente Ojea, María de los Ángeles
- Fernández González, María Reyes
- Alvarez Jiménez, Maruxa
- Álvarez Vázquez, Miguel Ángel
- Villanueva Villar, Mónica
- Rodríguez Martín-Retortillo, Rosa
- González Rodríguez, Rubén
- Pérez Martín, Sabela
- Riobóo Lois, Breogán
- Suárez Porto, Vanessa
- Barros Guerreiro, Yolanda
- de la Torre Cougil, Raul
- Araujo Vila, Noelia
- Dominguez Vila, Trinidad
- Díaz Vázquez, José David
- Coello Díez, Rosa María
- Rey González, Guillermo
- González Gil, Eduardo
- Rodriguez Vila, Serxio
- Fernández Álvarez, Antón Lois
- Fernández Martínez, Iria
- Garrido Labrador, Begoña
- Sola Guerrero, Cristina
- Álvarez Silva, Maria Belén
- Álvarez González, Berta
- Rodríguez Castro, Pedro Ignacio
- González Adán, Víctor Manuel
- Freire Gullón, Alba
- González Nogueira, Nair
- Costas Muñoz, Leticia