A primeira promoción do Mestrado en Biofabricación presenta traballos sobre biomateriais avanzados, bioimpresión 3D ou tecnoloxías microfluídicas

Máster biofabricación
Máster biofabricación

A titulación está impulsada polas tres universidades galegas

A I Xornada Avances da Biofabricación en Galicia, celebrada este martes no edificio Miralles do campus de Vigo, serviu para coñecer traballos de vangarda desenvolvidos polo alumnado do Máster en Biofabricación, unha titulación interuniversitaria impartida de xeito conxunto pola Universidade de Vigo, a de Santiago de Compostela e a da Coruña da que acaba de saír a primeira promoción.

O encargado de dar a benvida aos asistentes foi o catedrático da Universidade de Vigo Pío González, coordinador do mestrado e investigador responsable do Instituto de Biofabricación en Rede para o Envellecemento Saudable, Iberos+, que destaca que “esta xornada constitúe unha mostra representativa do alto nivel científico e do potencial innovador da I+D que se promove dende as universidades, os centros tecnolóxicos e as empresas de Galicia”.

Tras a súa intervención, arrancou unha xornada centrada na presentación dos traballos fin de mestrado dos oito estudantes que conforman esta primeira promoción ante un tribunal científico encargado de avaliar a calidade das súas investigacións. Os proxectos centráronse en temáticas de vangarda no eido da…

Ler a nova completa no DUVI