A Universidade lanzará en xuño o primeiro título propio de Especialista en Edición emitido por unha universidade pública galega

Vigo é a quinta cidade do Estado español en produción de libros

Atendendo á concentración de empresas por número de habitantes Vigo é a quinta cidade do Estado español en produción editorial. Así se explicou este xoves na Facultade de Filoloxía e Tradución na apertura das Xornadas Tradución Editorial, unha actividade organizada pola profesora do Departamento de Tradución e Lingüística Ana Luna Alonso coa que se van quentando motores para o lanzamento, o vindeiro mes de xuño, do que será o primeiro título propio de Especialista en Edición emitido por unha universidade pública galega, “unha demanda social que vén avalada pola importancia do sector do libro en Galicia”, tal e como destacou a organizadora, quen fixo fincapé en que “ao cursar esta formación na Universidade de Vigo o alumnado estará nun contexto idóneo no que vivir de preto o mundo da edición”.

As xornadas buscan dar a coñecer a necesidade de formación específica centrada neste ámbito, un baleiro que se cubrirá con este novo curso de especialista. A idea é abrir a preinscrición desde o 1 de xuño ata o 4 de setembro. “Buscarase que o alumnado que o curse adquira as competencias profesionais necesarias que lle permitan incorporarse ao mundo laboral por conta propia ou allea, tanto para traballar nunha ou para unha editorial, como para prestar servizos editoriais a outras entidades que poden incorporar entre as  súas actividades a edición, como por exemplo, museos, servizos de publicacións, institucións públicas, etc.”, explica Ana Luna, ao que engade que …

Ler máis…