Aberta a inscrición no Programa universitario para o emprego e a vida autónoma das persoas con diversidade intelectual

O obxectivo é mellorar a súa formación académica e preparación laboral como cidadáns activos

Cun acto de graduación como o resto do alumnado da UVigo remataban hai unhas semanas a súa formación as doce persoas que participaron no curso 2022/2023 no Programa universitario para o emprego e a vida autónoma para persoas con diversidade intelectual. Esta iniciativa, que ten como obxectivo dotar ás e aos participantes de competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral como cidadás activos, abre agora o período de preinscrición de cara á edición do vindeiro curso, que chegará con múltiples novidades de duración e estrutura académica.

Como explica a coordinadora do programa e vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade, Maribel Doval, a UVigo é unha das 31 universidades españolas que ofertan este título, cuxo obxectivo principal é proporcionar formación universitaria a mozos e mozas con discapacidade intelectual poñendo o foco en aumentar a súa autonomía e preparalos para o mundo laboral. As e os participantes…

Ler a nova completa no DUVI