Os podcast, unha ferramenta máis na contorna educativa

Tags:  EAFP   Formación e Innovación Educativa   Podcast

O período de matrícula está aberto dende esta semana ata o 4 de novembro.

Dende que en 2019 arrancase o que se coñece como a revolución dos podcast, estas ferramentas téñense convertido nun elemento de uso habitual no sector da comunicación, do entretemento ou da publicidade. Pero máis aló destes campos, os podcast presentan tamén importantes potencialidades para o mundo da educación e da divulgación científica. Para amosar as posibilidades deste tipo de contidos, a Área de Innovación Educación da UVigo pon en marcha un curso formativo para o profesorado sobre deseño e creación de podcast educativos.

O curso, de 20 horas de duración, impartirase a través da plataforma Moovi entre o 14 de novembro e o 14 de decembro en modalidade virtual asíncrona e o período de matrícula está aberto dende esta semana ata o 4 de novembro.

Ler a nova completa no DUVI

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.