Renovado o convenio co Consello Galego de Relacións Laborais para unha nova edición do curso de Negociación Colectiva

Xa está aberto o prazo de preinscrición e as clases arrancarán a finais de setembro

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Antía Sández, asinaron esta mañá no edificio Exeria do campus de Vigo un convenio de colaboración  que permitirá a posta en marcha dunha nova edición,  a sexta, do Curso de formación universitaria en negociación colectiva e individual no ámbito laboral, para o que xa está aberto o prazo de preinscrición e que, nesta ocasión, se levará a cabo do 28 de setembro ata o 23 de novembro na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

Dirixido polos docentes Jaime Cabeza Pereiro e Rosa Rodríguez Martín-Retortillo, quen aproveitaron este acto para agradecer o “apoio e implicación que sempre ten o Consello Galego de Relacións Laborais nesta iniciativa”, o curso busca afondar, desde un punto de vista xurídico, estratéxico, psicoanalítico e práctico, no sistema de negociación colectiva e as súas manifestacións, a través dun tratamento integral dos seus aspectos fundamentais. “Ofrece unha formación especializada en negociación colectiva que …

Ler a nova completa no DUVI