A UVigo anima os estudantes a converterse en axentes de cambio

De cara ao segundo cuadrimestre, a Vicerreitoría Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación quere impulsar o coñecemento e a implicación da comunidade universitaria sobre a Axenda 2030. Con este fin, pon en marcha dous cursos dirixidos ao alumnado para, por unha banda, fomentar esta temática nos traballos fin de grao e fin de mestrado e, por outra, para implicalos no voluntariado arredor destes contidos.

Dende a Área de Responsabilidade Social e Cooperación, a súa responsable, Henar Quintas, explica que se trata de consolidar o coñecemento da Axenda 2030 e trasladar os retos que representa ás aulas, fomentando investigacións centradas no seu estudo e poñendo en marcha políticas que contribúan a un desenvolvemento sostible e respectuoso co medio ambiente son prioridades para a universidade de Vigo. Ambos cursos están destinados a estudantes da UVigo e son totalmente gratuítos. Impartiranse en modalidade virtual a través da plataforma Moovi dende o 1 ata o 28 de febreiro, cunha duración 30 horas e o recoñecemento de 1 ECTS . O prazo de prescrición está aberto ata o día 30 de xaneiro.

Ler a noticia completa no DUVI