Volve o programa “Becas Santander – Microcredenciales 2025, 3ª edición” onde poderás optar a unha das bolsas de 300 euros do Santander – Open Academy para as microcredenciais que estén inscritas no programa. Consulta as condicións en cada formación.
As nosas microcredenciais inscritas nesta 3º edición:
🔸 Excel Avanzado e Análise de Datos: Dos Fundamentos á Integración con Power BI
🔸 Visualizacións interactivas de datos en Power BI
🔸 Python para o análise de datos
🔸 Funcións de protección en subestacións eléctricas
Que son as microcredenciais?
As microcredenciais son formacións de curta duración, focalizadas na adquisición de coñecementos, habilidades ou competencias específicas. A vantaxe destas microcredenciais é que están abertas a todas as persoas, con ou sen titulación universitaria, e que contan cunha certificación dixital verificable en toda Europa. Ademais, permiten unha estrutura modular da formación e poden acumularse e combinarse en credenciais máis amplas, no marco dun itinerario formativo personalizado.
